Codillo de porco con grelos

Calories: 1349.88kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 1 codillo de porco ensalmoirado
- 1 chourizo
- 2 coxa de polo
- 100 g touciño entrefebrado
- 500 g grelos
- 2 pataca
Instrucións paso a paso
- Cortamos os tallos dos grelos e lavamos as follas
- Nunha ola a presión cocemos, durante 20 minutos, o codillo xunto co touciño entrefebrado.
- Nunha pota poñemos os grelos, os zancos de polo, o chourizo e 4 patacas pequenas. Salgamos con mesura pois logo engadiremos caldo do codillo. Engadimos auga ata a metade e poñemos a cocer.
- A media cocción engadimos, ata cubrir todo, caldo do codillo, e deixamos cocer ata que os alimentos estean listos.
- Escoamos todo e presentámolo nunha fonte.
Nutrición
Calorías: 1349.88kcal | Carbohidratos: 56.15g | Proteínas: 75.42g | Graxa: 93.86g | Graxa saturada: 31.63g | Graxa trans: 0.26g | Colesterol: 337.05mg | Sodio: 1829.87mg | Potasio: 2123.18mg | Fibra: 12.68g | Azucre: 3.68g | Vitamina A: 29491.25IU | Vitamina C: 191.96mg | Calcio: 523.28mg | Ferro: 8.35mg
