Arroz con peixe sapo e gambas

Arroz con peixe sapo e gambas

Prato: Prato principal, Primeiro prato
Cociña: Española
Keyword: arroz, marisco, peixe
Calorías: 740.21kcal

Preparación: 30 minutes
Tempo de cocción: 30 minutes
Total Time: 1 hour
Persoas 2 persoas

Ingredientes

  • 230 g arroz
  • 250 g peixe sapo
  • 150 g gamba limpas
  • 2 dente allo
  • 1 cebola
  • ½ pemento encarnado
  • ½ pemento verde
  • 120 g chícharos
  • 700 ml caldo de peixe
  • aceite de oliva virxe
  • azafrán
  • sal

Instrucións paso a paso

  • Nunha paella douranse as gambas con aceite de oliva virxe e resérvanse.
  • No mesmo aceite refóganse os pementos cortados en dados e a cebola picada moi fina.
  • Cando as verduras estean listas engádense os anacos de peixe sapo e o arroz e refóganse uns minutos, antes de regalos co caldo de peixe quente, que levará disoltas uns fíos de azafrán.
  • Un pouco antes de se facer completamente o arroz engádense os chícharos cocidos e as gambas reservadas.
  • Déixase repousar tapado uns minutos e sérvese.

Nutrición

Calorías: 740.21kcal | Carbohidratos: 97.16g | Proteínas: 43.75g | Graxa: 17.91g | Graxa saturada: 2.75g | Colesterol: 220.25mg | Sodio: 4341.74mg | Potasio: 932.36mg | Fibra: 4.94g | Azucre: 8.57g | Vitamina A: 2102.66IU | Vitamina C: 76.76mg | Calcio: 175.8mg | Ferro: 3.81mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio