Roliños de polo con claudias

Calories: 448.65kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 1 peituga de polo en filetes
- 250 g claudia sen óso
- 1 copa viño do Porto vermello
- 250 g champiñón
- 2 dente allo
- cenoria baby
- aceite de oliva
- fariña
- sal
- pementa
Instrucións paso a paso
- En cada filete de polo colócanse 2 o 3 claudias, previamente bañadas en viño do Porto tinto.
- Enrólanse os filetes e envólvense con papel do tipo film transparente.
- Cócense estes paquetiños durante 12 minutos e, unha vez listos, ábrense e córtanse en rodas.
- Mentres, saltéase os allos cos champiñóns, tritúrase o resto das cirolas ata formar un puré e co viño do Porto sobrante e un pouco de roux (aceite ou manteiga cun pouco de fariña) lígase unha salsa.
- Poden acompañarse tamén as peitugas cunhas cenorias pequenas cocidas e salteadas en aceite de oliva.
Nutrición
Calorías: 448.65kcal | Carbohidratos: 36.9g | Proteínas: 12.91g | Graxa: 15.76g | Graxa saturada: 2.24g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 22.72mg | Sodio: 2384.54mg | Potasio: 860.67mg | Fibra: 3.34g | Azucre: 24.09g | Vitamina A: 447.64IU | Vitamina C: 15.86mg | Calcio: 34.05mg | Ferro: 1.54mg