Bacallau con garavanzos

Calories: 627.52kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 500 g bacallau
- 400 g garavanzos cocidos, en conserva
- 200 g pemento verde
- 1 cebola
- 4 tomate medianos
- aceite de oliva
- sal
Instrucións paso a paso
- Picar a cebola e un dos pementos moi miúdos, trocear o outro pemento en cadrados e poñer a sofritir no aceite. Sazonar.
- Mentres, trocear tamén os tomates moi miudos (mellor pelados) e cando a cebola e os pementos estean case a punto, engadilos ao sofrito e sazonar.
- Deixar facer ata que o sofrito estea listo e, de seguido, engadir o bacallau. Deixar facer 4 ou 5 minutos por cada lado (dependendo do grosor do anaco).
- Cando estea listo o bacallau, retiralo, con coidado para que non se rompa, a un prato e reservar.
- Incorporar os garavanzos e deixar quentar uns minutos xunto co sofrito para que tomen o gusto de este e do bacallau. Por último volver a incorporar o bacallau e servir.
Nutrición
Calorías: 627.52kcal | Carbohidratos: 36.16g | Proteínas: 89.09g | Graxa: 12.9g | Graxa saturada: 1.89g | Colesterol: 190mg | Sodio: 9961.98mg | Potasio: 2518.37mg | Fibra: 10.22g | Azucre: 9.98g | Vitamina A: 1411.94IU | Vitamina C: 64.02mg | Calcio: 271.12mg | Ferro: 6.6mg