Leite frito

Calories: 346.03kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- ½ l leite
- 120 g azucre
- 80 g fariña
- 2 xema
- 1 rama canela
- fariña para rebozar
- ovo para rebozar
- aceite de oliva fritir
Instrucións paso a paso
- Nun cazo, poñer a quentar o leite co pau de canela ata que ferva.
- Noutro recipiente mesturar o azucre coa fariña e as 2 xemas.
- Cando o leite rompa a ferver, botalo sobre esta mestura, despacio e remexedo.
- Poñer de novo ao lume lento e deixar que coza, sen deixar de remexer, ata que espese. Verquer nunha fonte rectangular un pouco fonda e deixar arrefriar.
- Unha vez fría e callada a pasta, cortar en anacos rectangulares, pasalos por fariña e ovo batido e fritilos en abundante aceite quente
- Servir empoados con azucre e canela.
Nutrición
Calorías: 346.03kcal | Carbohidratos: 53.77g | Proteínas: 8.77g | Graxa: 10.94g | Graxa saturada: 3.96g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 140.06mg | Sodio: 72.21mg | Potasio: 215.19mg | Fibra: 1.06g | Azucre: 36.41g | Vitamina A: 378.95IU | Vitamina C: 0.03mg | Calcio: 169.92mg | Ferro: 1.56mg