Coello ao Ribeiro tinto

Calories: 654.3kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 1 coello
- 2 cebola
- 2 follas loureiro
- tomiño
- ourego
- 2 dente allo picado
- 1 vaso viño tinto Ribeiro
- 1 copa brandy
- aceite de oliva
- sal
Instrucións paso a paso
- O día anterior trocease o coello, reservando o fígado libre de fel, e sazónase.
- Alíñase coa pementa, o allo picado, o tomiño e o ourego e cúbrese cun pouco de brandy e co ribeiro tinto.
- Engádese ao aliño media cebola troceada e dúas follas de loureiro.
- Ao día seguinte escóanse os trozos de coello e cóase o adobo, que se reserva.
- Dourase en aceite ben quente o coello, retírase do lume e, nese mesmo aceite, a lume lento, refógase o resto da cebola cortada en xuliana.
- Unha vez dourada a cebola incorpórase de novo o coello e cúbrese co caldo coado do adobo.
- Déixase cocer ate que estea tenro, engadíndolle, a media cocción, o fígado previamente machacado.
- Pódese acompañar de arroz branco.
Nutrición
Calorías: 654.3kcal | Carbohidratos: 16.46g | Proteínas: 38.75g | Graxa: 7.8g | Graxa saturada: 1.78g | Colesterol: 137.7mg | Sodio: 2422.3mg | Potasio: 998.58mg | Fibra: 3.38g | Azucre: 5.5g | Vitamina A: 138.52IU | Vitamina C: 9.46mg | Calcio: 117.6mg | Ferro: 8.71mg