Bacoriño ao forno

Calories: 542.01kcal
Servings 6 persoas
Ingredientes
- 2,5 kg porco (½ bacoriño)
- 6 dente allo
- 1 kg pataca
- 1 vaso viño branco
- 1 vaso auga
- 1 cda perexil picado
Instrucións paso a paso
- Prequentar o forno a 150-160º. Poñer a reixa do forno nunha das fontes e cubrir o fondo con auga.
- Machucar os allos co perexil picado e mesturar co viño.
- Untar ben o bacoriño co mollo pola parte interna e sazonalo. Poñelo na fonte coa pel hacia arriba, coidando de que a auga non a toque xa que quedaría branda.
- Enfornar durante dúas horas aproximadamente, coidando que que o fondo non quede seco. Un pouco antes de retiralo, subir o lume para que a pel quede torrada e crocante.
- Pasar o bacoriño a unha fonte para servir e pasar a salsa que soltou no forno a outra cazola.
- Neste cazola poñer as patacas cortadas en dados e previamente douradas en aceite. Metelas ao forno uns 15 minutos aproximadamente.
- Servir o bacoriño acompañado das patacas.
Nutrición
Calorías: 542.01kcal | Carbohidratos: 31.19g | Proteínas: 53.29g | Graxa: 18.32g | Graxa saturada: 6.33g | Colesterol: 170.29mg | Sodio: 208.02mg | Potasio: 1612.5mg | Fibra: 3.75g | Azucre: 1.72g | Vitamina A: 75.01IU | Vitamina C: 36.69mg | Calcio: 66.72mg | Ferro: 4.6mg