Pasta estilo vieira

Calories: 551.44kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 400 g pasta
- 400 g tomate triturado
- 100 g xamón serrano cortado en taquiños
- 50 g cebola picada
- 3 cdas aceite de oliva
- 1 cdiña sal
- 1 cdiña azucre
Instrucións paso a paso
- Picar a cebola moi fina e dourala en aceite.
- Engadir o tomate triturado e un chisco de azucre para cortar a acidez. Sazonar con coidado porque o xamón engadirá máis sal. Deixar cocer a salsa ata que estea a medio facer.
- Engadir os taquiños de xamón e un chisco de viño branco e cociñar todo xunto uns minutos.
- Mentres, cocer a pasta en abundante auga con sal e un chorriño de aceite. Escoar e poñer nun bol.
- Verter a salsa sobre a pasta e servir.
Nutrición
Calorías: 551.44kcal | Carbohidratos: 80.73g | Proteínas: 19.45g | Graxa: 16.41g | Graxa saturada: 3.25g | Colesterol: 15.5mg | Sodio: 1471.21mg | Potasio: 550.12mg | Fibra: 4.61g | Azucre: 6.83g | Vitamina A: 833.25IU | Vitamina C: 14.63mg | Calcio: 36.46mg | Ferro: 1.89mg