Berberechos ao vapor (ao natural)

Berberechos ao vapor (ao natural)

Prato: Aperitivo
Cociña: Galega
Keyword: berberechos, marisco
Calorías: 29.63kcal

Tempo de cocción: 2 minutes
Tempo de remollo: 6 hours
Total Time: 6 hours 2 minutes
Os berberechos ao vapor, ou berberechos ao natural abertos ao vapor, non se fan con viño, nin con aceite, nin allo, etc. Soamente é necesario un recipiente quente e os berberechos.
Os berberechos máis naturais que tomei eu na miña vida foron os que collía na praia cando era cativa. Cando nos bañabamos rascabamos un pouco na area cos pés e saían a mancheas. Bo, o caso é que os abriamos uns contra outros e comiámolos alí mesmo, no mar.
Claro que iso era antes, agora están as vedas e os mariscadores que teñen que gañarse a vida. Por iso non podemos andar esquilmando os recursos, que todo o mundo ten dereito a gañarse o pan honradamente.
Para abrilos en casa e cociñalos un pouco, hai a quen non lle gustan crus, temos que lavalos para que solten as areas. Póñense baixo o chorro de auga e despois déixanse en auga con sal durante varias horas para que beban e solten as areas. Se é necesario, cámbiaselles a auga as veces que faga falta ata que salga limpa.
Por último, póñense os berberechos directamente nun recipiente bastante quente e, co líquido que soltan eles mesmos, é suficiente para que se abran.
Están exquisitos!!
Persoas 2 persoas

Ingredientes

  • ½ kg berberecho
  • auga
  • sal
  • limón opcional

Instrucións paso a paso

  • Lavar os berberechos e deixalos varias horas en auga con sal para que solten as areas que poidan ter. Se é necesario cámbiaselles a auga.
  • A continuación poñelos nunha pota ou tixola bastante quente. Coa auga que soltan os propios berberechos é suficiente para que se abran.
  • Servir unha vez que estean abertos.
  • Nota: refugar aqueles berberechos que non se abran

Nutrición

Calorías: 29.63kcal | Carbohidratos: 1.76g | Proteínas: 5.07g | Graxa: 0.27g | Calcio: 11.25mg | Ferro: 6.08mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio