Ovos con beicon gratinados

Calories: 776.9kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 2 ovo
- 4 liscos beicon
- 50 g manteiga
- 50 g fariña
- ½ l leite
- 50 g queixo relado
Instrucións paso a paso
- Trocear o beicon e fritilo nunha tixola ata que estea ao noso gusto. Coa graxa do propio beicon é suficiente. Non hai que engadir aceite. Reservar.
- Untar cun pouco de manteiga unha fonte ou cazola resistente ao forno.
- Poñer sobre o lume e cando estea derretida a manteiga engadir os ovos. Esperar a que callen e salgalos. Reservar.
- Facer unha bechamel coa manteiga, a fariña e o leite. Pódeselle engadir pementa e/ou noz moscada, ao gusto de cada un. Sazonar.
- Poñer a bechamel por encima dos ovos e o beicon.
- Poñer o queixo relado sobre a bechamel.
- Gratinar no forno ata que estea dourado.
Nutrición
Calorías: 776.9kcal | Carbohidratos: 32.99g | Proteínas: 31.37g | Graxa: 57.45g | Graxa saturada: 29.09g | Graxa trans: 0.89g | Colesterol: 293.47mg | Sodio: 1022.51mg | Potasio: 541.84mg | Fibra: 0.68g | Azucre: 13.1g | Vitamina A: 1499.88IU | Calcio: 596.34mg | Ferro: 2.42mg
