Lasaña de carne

Calories: 563.37kcal
Unha receita de lasaña de carne, sinxela pero bastante laboriosa. Un prato que se pode empregar para calquera ocasión.
Servings 8 persoas
Ingredientes
- 300 g lasaña 40 placas
- 500 g carne de tenreira picada
- 500 g carne de porco picada
- 1 pemento verde
- 1 cebola pequena
- 2 porro
- 800 g tomate triturado
- ourego
- aceite de oliva
- sal de allo
- 200 g queixo relado
Para a bechamel:
- 750 g leite
- 50 g manteiga
- 100 g fariña
- sal
- pementa ao gusto
- 1 cda aceite de oliva
- manteiga para gratinar
Instrucións paso a paso
- Cocer a pasta en abundante auga con sal, escoar e reservar. Neste caso empregamos pranchas de lasaña precociñadas, polo que só temos que hidratalas seguindo as instrucións do fabricante (20 minutos a remollo en auga quente, sen necesidade de fervelas, e remexendo de cando en vez).
- Picar o pemento, a cebola e os porros moi miúdos e sofrixilos en aceite.
- Cando as verduras estean listas, engadir o tomate triturado. Ao tomate engádeselle un chisco de azucre para cortar a acidez (opcional), sal e as especias que desexemos. Neste caso: ourego e tomiño. Deixar cocer mentres douramos a carne.
- Adobar a carne con sal de allo ou allo en po e dourala nunha tixola.
- Cando estea dourada engadila á salsa e deixar cocer todo uns minutos. Incorporar 50 g do queixo relado e remover ata que se funda.
- Preparar unha bandexa de forno, untándoa cun pouco de tomate triturado, o xusto para que non se pegue. Hai quen a cobre totalmente co tomate. Para o noso gusto, o que leva a carne abonda.
- Ir colocando capas de pasta e carne ata acabar a carne e as placas de lasaña.
- Facer a bechamel cos ingredientes indicados, cubrir con ela a lasaña, empoar co queixo relado, uns taquiños de manteiga e gratinar ata que estea dourada.
Nutrición
Calorías: 563.37kcal | Carbohidratos: 23.7g | Proteínas: 37.99g | Graxa: 34.93g | Graxa saturada: 16.26g | Graxa trans: 0.2g | Colesterol: 141.06mg | Sodio: 1726.67mg | Potasio: 858.86mg | Fibra: 2.46g | Azucre: 9.11g | Vitamina A: 1775.57IU | Vitamina C: 24.9mg | Calcio: 439.53mg | Ferro: 2.9mg
