Filloas con azucre

Calories: 199.38kcal
Esta é unha forma moi sinxela para comer as filloas que me ensinou a miña sogra. Nunca antes as probara deste xeito e están moi boas.
A parte complicada da receita, por suposto, é facer as filloas. En Lareira temos dúas receitas de filloas: anís e caldo. Recomendo facer esta coas filloas de caldo, que non levan nada doce.
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 6 filloas
- 2 cda azucre
- touciño un pouco para estender a tixola
Instrucións paso a paso
- Empoar as filloas con azucre e enrolalas.
- Quentar unha tixola e untala con touciño.
- Colocar as filloas na tixola e deixar que se quenten ata que se douren por ambos os lados.
Nutrición
Calorías: 199.38kcal | Carbohidratos: 39.01g | Proteínas: 2.98g | Graxa: 2.98g | Graxa saturada: 1.49g | Colesterol: 17.89mg | Sodio: 236.97mg | Potasio: 0.24mg | Azucre: 23.91g | Calcio: 29.94mg | Ferro: 0.55mg