Filloas de caldo

Calories: 179.6kcal
As filloas de caldo son unha das moitas variantes das filloas existentes en Galicia. Hainas de sangue, de anís, de leite…
Servings 6 persoas
Ingredientes
- 700 ml caldo de carne
- 5 ovo
- 200 g fariña
- sal
Instrucións paso a paso
- Botar nunha cunca todos os ingredientes e mesturar ben. Ten que quedar una pasta uniforme e lixeira.
- Deixar repousar unha hora.
- Engraxar unha tixola de ferro (se non se ten filloeira) con touciño e, cando estea ben quente, botar un caciño de pasta espallándoa uniformemente por toda a tixola.
- Cando estea feita dun lado (cando se despegue ben da tixola), darlle a volta e deixar que se faga polo outro lado.
- Retirar da tixola a un pano para quitar o exceso de graxa.
- Pasar a un prato. Repetir a operación ata rematar a pasta, untando a tixola co tociño para cada filloa.
Nutrición
Calorías: 179.6kcal | Carbohidratos: 26.2g | Proteínas: 8.55g | Graxa: 4.06g | Graxa saturada: 1.23g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 136.4mg | Sodio: 479.73mg | Potasio: 179.6mg | Fibra: 0.9g | Azucre: 0.23g | Vitamina A: 200.33IU | Vitamina C: 8.17mg | Calcio: 32.53mg | Ferro: 2.42mg
