Filloas de anís

Calories: 199.29kcal
Servings 6 persoas
Ingredientes
- 6 ovo
- 700 g auga
- 200 g fariña
- 1 chorriño anís
- sal ao gusto
- 1 anaco touciño
Instrucións paso a paso
- Verter todos os ingredientes nun bol e mesturar ben. Ten que ser unha pasta uniforme. Deixar repousar unha hora.
- Engraxar unha tixola de ferro (se non se ten filloeira) con touciño e, cando estea ben quente, botar un caciño de pasta espallándoa uniformemente por toda a tixola.
- Cando estea feita dun lado (cando se despegue ben da tixola), darlle a volta e deixar que se faga polo outro lado.
- Retirar da tixola a un pano para quita-lo exceso de graxa. Pasar a un prato.
- Repetir a operación ata rematar a pasta, untando a tixola co touciño para cada filloa.
Nutrición
Calorías: 199.29kcal | Carbohidratos: 25.75g | Proteínas: 8.97g | Graxa: 6.18g | Graxa saturada: 2.08g | Graxa trans: 0.02g | Colesterol: 165.26mg | Sodio: 844.14mg | Potasio: 96.55mg | Fibra: 0.9g | Azucre: 0.25g | Vitamina A: 237.6IU | Calcio: 33.62mg | Ferro: 2.32mg
