Budín de grelos

Calories: 439.38kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 2 brazadas grelos
- 4 pataca grandes
- 0.5 cebola
- sal
- aceite de oliva
- pan relado
Instrucións paso a paso
- Cocer os grelos ben picados ata que estean moi tenros.
- Cócense tamén as patacas en abundante auga con sal, déixanse escorrer ben e esmáganse.
- Nunha tixola cun fondo de aceite frítese a cebola picada moi fina ata que estea transparente e agréganse os grelos mesturándoos ben coa cebola.
- Bótase a pataca esmagada nun molde de “cake” untado cun pouco de aceite e espolvoreado con pan relado, cubrindo as paredes e deixando un oco no centro no que se poñerán os grelos.
- Métese no forno durante media hora a unha temperatura de 170º a 200º, elevando o molde cara ao final do tempo para que se forme unha cortiza.
- Desmóldase e sérvese quente.
Nutrición
Calorías: 439.38kcal | Carbohidratos: 84.91g | Proteínas: 11.64g | Graxa: 8.22g | Graxa saturada: 1.27g | Sodio: 1303.67mg | Potasio: 2311.47mg | Fibra: 16.38g | Azucre: 5.43g | Vitamina A: 28975.06IU | Vitamina C: 223.34mg | Calcio: 526.66mg | Ferro: 5.81mg