Caldo galego de grelos

Calories: 548.5kcal
Como estamos a utilizar o caldo que reserváramos (podemos conxelalo sen non imos a utilizalo inmediatamente) logo de facer un cocido galego, a cantidade de sal aportada polas carnes do cocido debería abondar. Sen embargo, é mellor probalo e engadir sal se é necesario.
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 2 l caldo de carne reservado despois de facer un cocido galego
- 500 g grelos Tamén podes usar repolo, verzas, nabizas …
- 250 g fabas en rellomo dende a noite anterior
- 1000 g pataca
- 50 g unto
Instrucións paso a paso
- Cortar os talos dos grelos antes de os lavar.
- Poñer a cocer o caldo co unto.
- Cando ferva, engadir os grelos.
- Cando volva a ferver e os grelos xa reduciron o seu volume, engadir as fabas e deixar que cozan mentres cortamos as patacas.
- Engadir as patacas e cocer ata que as fabas estean tenras.
- Deixar repousar 24 horas.
- Ao día seguinte darlle unha fervura antes de servir.
Nutrición
Calorías: 548.5kcal | Carbohidratos: 71.02g | Proteínas: 14.22g | Graxa: 2.04g | Graxa saturada: 0.36g | Sodio: 1895mg | Potasio: 2065.63mg | Fibra: 16.06g | Azucre: 3.22g | Vitamina A: 14498.75IU | Vitamina C: 159.81mg | Calcio: 340.63mg | Ferro: 5.8mg
