Champiñóns recheos de allos tenros

Calories: 42.45kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 6 champiñón grande, uns 30 gr. cada un
- 1 allos tenros
- 1 tomate mediano, pelado, triturado e sen pebidas
- aceite de oliva
- sal
Instrucións paso a paso
- Limpar, baleirar os champiñóns e reservar a carne dos talos, cortándoa moi miúda.
- Enfornar os champiñóns durante 10 minutos a lume medio nunha fonte untada con manteiga ou aceite.
- Mentres, nunha tixola cun fondo de aceite, moi lentamente, refogar o alliño tenro e a carne picada dos champiñóns.
- Cando estean a medio cocer engadimos o tomate triturado e deixamos ata que estea case todo listo.
- Encher os champiñóns con esta mestura e enfornalos durante outros 10 minutos máis ou menos.
Nutrición
Calorías: 42.45kcal | Carbohidratos: 7.63g | Proteínas: 3.82g | Graxa: 0.61g | Graxa saturada: 0.07g | Graxa poliinsaturada: 0.21g | Graxa monoinsaturada: 0.11g | Sodio: 1171.55mg | Potasio: 436.97mg | Fibra: 1.8g | Azucre: 3.48g | Vitamina A: 512.29IU | Vitamina C: 12.48mg | Calcio: 22.12mg | Ferro: 0.75mg