Chulas de pan

Calories: 299.75kcal
Con estas cantidades saen 14 chulas
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 150 g miolo de pan de fogaza
- 3 ovo
- aceite de oliva ou manteiga de vaca
- azucre
Instrucións paso a paso
- Desmiuzar moi fino o miolo de pan (mellor do día anterior) e mesturala cos ovos batidos, esmagándoa e empapándoa ben, pero de xeito que dede máis ben espesa.
- Deixalo así durante media hora para que empape ben.
- A continuación, coa axuda de dúas culleres (sopeiras) formar as chulas e fitilas ata que estean douradas, en aceite ou manteca de vaca.
- Escoar nun papel de cociña para eliminar o exceso de graxa e empoar co azucre.
- Saben mellor quentes.
Nutrición
Calorías: 299.75kcal | Carbohidratos: 30.23g | Proteínas: 9.15g | Graxa: 15.63g | Graxa saturada: 2.93g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 122.76mg | Sodio: 321.6mg | Potasio: 119.2mg | Fibra: 1.69g | Azucre: 5.44g | Vitamina A: 178.2IU | Calcio: 87.24mg | Ferro: 2.45mg