Arroz con algas

Calories: 518.15kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 25 g alga Musgo de Irlanda deshidratadas
- 400 g arroz
- 3 porro pequenos
- 1 tomate
- ½ pemento encarnado
- 1 cenoria
- 2 dente allo
- 1 chile
- 2 sobres azafrán
- aceite de oliva
- auga
- sal
Instrucións paso a paso
- Nun pouco de aceite poñer a refogar os allos, o allo porro e o pemento troceados moi miúdos, xunto co chile.
- Cando empecen a estar brandas as verduras, retirar o chile e engadir o tomate e a cenoria, tamén troceados.
- Unha vez refogado todo, incorporar as algas, sen hidratar pois van cocer xunto co arroz.
- Engadir o arroz e darlle unhas voltas para que peche e quede solto unha vez cocido.
- Por último, incorporar a auga quente, na que teremos disolto o azafrán.
- Sazonar con mesura, pois as algas aportan sal, e deixar cocer ata que a auga se evapore.
- No debería levar máis de 20 minutos, e as algas no deben cocer máis dese tempo porque se potenciaría demasiado o seu sabor.
Nutrición
Calorías: 518.15kcal | Carbohidratos: 93.74g | Proteínas: 8.8g | Graxa: 11.51g | Graxa saturada: 1.68g | Sodio: 1196.25mg | Potasio: 373.52mg | Fibra: 3.59g | Azucre: 4.64g | Vitamina A: 3896.97IU | Vitamina C: 31.58mg | Calcio: 82.95mg | Ferro: 3.03mg
