Empanada de bonito express

Calories: 563.86kcal
Servings 6 persoas
Ingredientes
- 460 g masa de follado en dúas follas
- 200 g bonito en aceite
- 1 pemento encarnado pequeno
- 1 cebola pequena
- ovo para pintar
- aceite de oliva
Instrucións paso a paso
- Estender unha lámina de follado sobre unha bandeixa de forno cuberta cun papel de forno ou un silpat ou semellante.
- Nunha tixola fritir lentamente a cebola cortada en xuliana e o pemento vermello en cadradiños.
- Cando estean fritidos, escorrelos e estender sobre o follado deixando uns dous centímetros de masa sen cubrir por todo ao redor.
- A continuación poñer o bonito, previamente escorrido de aceite e desmiuzado.
- Cubrir coa outra capa de follado, á que cortaremos dous centímetros ao redor para que sexa máis pequena.
- Dobrar o borde de abaixo sobre esta capa para pechar a empanada.
- Facer un burato no medio a modo de cheminea e decorar cos restos do follado.
- Pintar con ovo batido e enfornar, seguindo as instruccións do fabricante da masa, ata que esta estea feita.
Nutrición
Calorías: 563.86kcal | Carbohidratos: 36.46g | Proteínas: 15.48g | Graxa: 39.55g | Graxa saturada: 8.99g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 33.89mg | Sodio: 332.99mg | Potasio: 209.63mg | Fibra: 1.61g | Azucre: 1.6g | Vitamina A: 426.69IU | Vitamina C: 16.61mg | Calcio: 16.16mg | Ferro: 2.41mg
