Tenreira galega guisada

Calories: 650.2kcal
Servings 3 persoas
Ingredientes
- 500 g carne de tenreira
- ½ cebola
- 4 cenoria
- 1 taza salsa de tomate
- 4 pataca
- 200 g chícharos cocidos ou en conserva
- aceite de oliva
- auga
- azafrán
- ourego seco
Instrucións paso a paso
- Córtase a carne en dados e ponse a dourar en aceite oliva coa cebola picada.
- Unha vez dourada, cúbrese de auga e déixase cocer a lume lento ata que empece a estar tenra.
- Entón engádense as cenorias, cortadas en dados, e déixanse cocer coa carne.
- Logo de cinco minutos engádense as patacas (cortadas un pouco máis grandes que as cenorias), o tomate fritido, ourego ao gusto e unha pizca de azafrán.
- Cando as patacas e as cenorias estean tenras incorpóranse os chícharos cocidos e o prato está listo para comer.
Nutrición
Calorías: 650.2kcal | Carbohidratos: 62.67g | Proteínas: 42.47g | Graxa: 26.14g | Graxa saturada: 6.76g | Colesterol: 136.67mg | Sodio: 628.93mg | Potasio: 2169.86mg | Fibra: 12.36g | Azucre: 13.01g | Vitamina A: 12028.71IU | Vitamina C: 82.38mg | Calcio: 127.17mg | Ferro: 5.78mg