Chulas

Calories: 163.31kcal
Como facer unhas chulas doces (fritos ou buñuelos)
Servings 8 persoas
Ingredientes
- 2 ovo
- 170 g fariña
- ½ vaso leite
- 50 g azucre
- aceite de oliva fritir
- 1 cda azucre empoar
Instrucións paso a paso
- Bátense os ovos co azucre.
- Engádese o leite, mesturando ben, e vai incorporándose a fariña, sen deixar de bater ata conseguir unha masa semilíquida.
- Vánse botando pequenas cantidades de masa nunha tixola con abundante aceite quente, fritíndoas ata que estean douradas.
- Sácanse e escóanse nun papel de cociña para quitar o exceso de graxa e empóanse con azucre.
- Utilizando unha culler (sopeira) como medida para botar a masa na tixola, con estas cantidades saen unhas 40 chulas.
Nutrición
Calorías: 163.31kcal | Carbohidratos: 24.78g | Proteínas: 4.06g | Graxa: 5.25g | Graxa saturada: 1.15g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 42.45mg | Sodio: 22.75mg | Potasio: 58.24mg | Fibra: 0.57g | Azucre: 8.6g | Vitamina A: 84.1IU | Calcio: 26.69mg | Ferro: 1.21mg
