Orellas de Entroido

Calories: 280.29kcal
Como facer, paso a paso, orellas de Entroido. Unha receita típica de Galicia no Entroido.
Servings 10 persoas
Ingredientes
- 500 g fariña
- 100 g azucre
- 50 g manteiga derretida
- ½ vaso leite
- 3 ovo
- 1 chorriño anís
- extracto de limón (unhas pingas)
Instrucións paso a paso
- Nun bol bótanse tódolos ingredientes. Mestúranse ben ata que a masa se despegue das paredes.
- Pásase a unha superficie enfariñada, e trabállase ben.
- Déixase repousar unha media hora.
- Estírase a masa moi fina e córtase en anacos (do xeito e tamaño que queiramos) que se friten en aceite.
- Escóanse ben e empóanse con azucre
Nutrición
Calorías: 280.29kcal | Carbohidratos: 48.82g | Proteínas: 7.02g | Graxa: 6.03g | Graxa saturada: 3.23g | Graxa trans: 0.17g | Colesterol: 54.38mg | Sodio: 58.23mg | Potasio: 86.74mg | Fibra: 1.35g | Azucre: 10.78g | Vitamina A: 206.27IU | Calcio: 28.97mg | Ferro: 2.53mg
