Flores de Entroido

Calories: 76.14kcal
Como facer flores de Entroido, unha receita típica e tradicional de Galicia.
Servings 10 persoas
Ingredientes
- 150 g fariña
- 250 ml leite
- 1 ovo
- 2 cda anís
- 1 cdiña sal
- aceite de xirasol para fritir
Instrucións paso a paso
- Cunhas variñas ou un batedor, mesturar todos os ingredientes, agás o aceite, ata obter unha pasta bastante líquida.
- Quentar o aceite, abundante, e meter dentro o molde.
- Cando o molde estea quente, metelo na pasta. Ollo! non metelo completamente, deixar sen mollar a parte superior para que a flor poida desprenderse.
- Meter o molde untado coa pasta no aceite e deixalo ata que a flor se desprenda o que, normalmente, ocorre axiña.
- Agardar ata que a flor estea dourada por ambos os dous lados e retirala a un papel absorbente para retirar o exceso de aceite.
- Empoar con azucre.
- Repetir esta operación para cada flor, sendo moi importante quentar o molde cada vez.
Nutrición
Calorías: 76.14kcal | Carbohidratos: 12.68g | Proteínas: 2.89g | Graxa: 1.38g | Graxa saturada: 0.63g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 18.87mg | Sodio: 249.85mg | Potasio: 55.17mg | Fibra: 0.4g | Azucre: 1.32g | Vitamina A: 64.26IU | Calcio: 33.11mg | Ferro: 0.78mg
