Cocido con castañas

Cocido con castañas

Prato: Prato principal
Cociña: Galega
Keyword: castañas, cocido
Calorías: 816.35kcal

Preparación: 50 minutes
Tempo de cocción: 1 hour 45 minutes
Tempo para desalgar as carnes: 12 hours
Total Time: 14 hours 35 minutes
Agora que estamos en época de castañas, non deixedes de probalas co cocido. O contraste coa carne salgada é exquisito.
Nesta receita non tiña verduras polo que queda sen elas, pero o normal é acompañar as carnes con repolo, grelos ou verzas. En canto aos garavanzos, non os puxen porque me pareceu que as castañas eran suficientes.
Persoas 8 persoas

Ingredientes

  • 500 g lacón
  • 1 tira costela de porco
  • 1 anaco touciño entrefebrado
  • 1 anaco cacheira
  • 3 chourizo
  • 500 g castaña
  • 500 g pataca

Instrucións paso a paso

  • Poñer a carne a desalar a noite anterior. Tamén podemos pelar as castañas con antelación xa que leva tempo, a falta da invención dun pelador especial.
  • Toda a carne cocínase xunta agás a costela, que se bota unha media hora despois do resto, xa que se desfaría se a poñésemos desde o principio.
  • Media hora antes de que a carne estea lista, o retírase caldo a dúas potas nas que se cocerán as castañas nunha e as patacas na outra.
  • Ter conta de que as castañas non se desfagan demasiado e cando as patacas estean listas, escoar todo e servir.

Nutrición

Calorías: 816.35kcal | Carbohidratos: 38.55g | Proteínas: 42.55g | Graxa: 52.73g | Graxa saturada: 18.02g | Graxa trans: 0.3g | Colesterol: 179.93mg | Sodio: 1042.06mg | Potasio: 1022.23mg | Fibra: 1.38g | Azucre: 0.49g | Vitamina A: 285.61IU | Vitamina C: 37.74mg | Calcio: 44.83mg | Ferro: 4.2mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio