Cocido galego

Cocido galego

Prato: Prato principal
Cociña: Galega
Keyword: cocido
Calorías: 922.94kcal

Preparación: 12 hours
Tempo de cocción: 2 hours
Total Time: 14 hours
O primeiro que hai que dicir é que, ademais da carne indicada nos ingredientes, pódense usar outras partes do porco (cachola, orella, rabo ...) e tamén se pode engadir, polo, óso de cana, tenreira, etc. En calquera caso, a carne de porco que usemos ha estar ben desalgada.
Tamén se empregan garavanzos e verduras (repolo ou grelos, principalmente). Cando fixen a receita do vídeo, non tiña verduras, por iso non aparece. Normalmente, cociño os vexetais nunha pota separada, sacando o líquido da pota onde se coce a carne. Isto fai máis doado escoalas. Fago o mesmo cos garavanzos e as patacas.
E unha recomendación: gardar o caldo, que se pode conxelar, para facer caldo galego, sopa, filloas ou o que queiramos. E se o digo é porque hai xente o bota polo vertedoiro.
Persoas 8 persoas

Ingredientes

  • 1 kg lacón
  • ½ tira costela de porco salgada
  • 1 anaco touciño entrefebrado
  • 4 chourizo
  • ½ kg carne de tenreira falda
  • 8 pataca
  • 1 repolo ou 2 brazadas de grelos
  • ½ kg garavanzos cocidos

Instrucións paso a paso

  • Cocemos toda a carne xunta en abundante auga e cando estea case cocida (1 hora e media), se saca para otra ola caldo abondo para cocer as patacas e a verdura.
  • Se non empregamos garavanzos cociñados previamente, deberíamos telos remollados durante 12 horas e facelos con caldo de cocer a carne ata que estean tenros.
  • Ao estar todo cocido, escóase e sérvese.

Nutrición

Calorías: 922.94kcal | Carbohidratos: 55.91g | Proteínas: 62.9g | Graxa: 48.58g | Graxa saturada: 17.25g | Graxa trans: 0.13g | Colesterol: 210.87mg | Sodio: 1393.97mg | Potasio: 1760.77mg | Fibra: 12.39g | Azucre: 9.32g | Vitamina A: 531.95IU | Vitamina C: 92.01mg | Calcio: 142.09mg | Ferro: 7.75mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio