Empanada de berberechos (masa de fariña milla e centea)

Calories: 365.95kcal
Receita, paso a paso, para aprender como facer unha empanada de berberechos con masa de fariña milla e centea
Servings 6 persoas
Ingredientes
Recheo
- 500 g berberecho
- 1 pemento encarnado
- 1 cebola
- 1 saquiñas azafrán
- aceite de oliva
Masa
- 200 g fariña milla
- 200 g fariña centea
- 100 g fariña triga
- 15 g fermento de panadaría
- 400 ml auga
Instrucións paso a paso
RECHEO
- Abrir os berberechos, lavados e limpos de area, cun pouco de auga. Sacar das cunchas e reservar.
- Coar o caldo de abrir os berberechos e reservar.
- Nunha tixola con aceite sofrixir a cebola e o pemento encarnado cortados á xuliana.
- Cando estean casi feitos, engadir un papel de azafrán e mesturar. Retirar do lume e reservar.
MASA
- Poñer nunha cunca as fariñas mesturadas e facer un oco no medio.
- Dentro bótase a auga morna mesturada co caldo dos berberechos e o fermento desmiuzado.
- Mesturar e amasar ben.
- Formar unha bola. Cubra cun pano e deixar repousar media hora.
MONTAXE
- Forrar unha bandeixa de forno con papel de enfornar.
- Dividir a masa en dúas metades e ir estirando pequenas porcións (a masa con fariña milla rompe facilmente) para forrar a bandeixa.
- Estender o rustrido e os berberechos sobre a masa.
- Repetir a operación de estirado da outra metade da masa para tapar o recheo.
- Selar polos bordes e facer un pequeno buraco no medio.
- Pintar a empanada co aceite do rustrido e marcar cun coitelo as porcións antes de enfornar para evitar que rompa ao ir a cortala.
- Enfornar, co forno prequentado a 200ºC, durante 45 minutos
Nutrición
Calorías: 365.95kcal | Carbohidratos: 67.25g | Proteínas: 10.74g | Graxa: 6.84g | Graxa saturada: 0.93g | Sodio: 8.4mg | Potasio: 314.14mg | Fibra: 7.45g | Azucre: 2.56g | Vitamina A: 623.1IU | Vitamina C: 26.7mg | Calcio: 67.73mg | Ferro: 4.37mg
