Navallas á prancha

Calories: 172.29kcal
Como preparar navallas á prancha con allo e perexil
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 250 g navallas
- 2 dente allo
- aceite de oliva
- perexil picado
- sal
Instrucións paso a paso
- Unha vez lavadas as navallas en auga salgada, para que solten a area, escoar ben e reservar.
- Picar moi fino o allo e o perexil e mesturalos con aceite de oliva.
- Botar un pouco de aceite e sal groso na placa quente.
- Poñer as navallas e agardar a que se abran
- Unha vez abertas, cubrilas coa mestura de allo e perexil
- Darlles a volta e deixalas facer 1 ou 2 minutos. Retiralas.
- Cunha culler pequena, coller a picada que quedou no prato e botala sobre as navallas.
Nutrición
Calorías: 172.29kcal | Carbohidratos: 0.34g | Proteínas: 0.07g | Graxa: 7g | Graxa saturada: 0.96g | Colesterol: 77.95mg | Sodio: 1517.03mg | Potasio: 466.25mg | Fibra: 0.07g | Azucre: 0.06g | Vitamina A: 63.7IU | Vitamina C: 10.28mg | Calcio: 34.87mg | Ferro: 5.02mg
