Ensalada de queixo de Arzúa con anchoas

Calories: 294.81kcal
Servings 1 persoas
Ingredientes
- 1 tomate
- 30 g Queixo de Arzúa
- 2 filetes anchoa
- 1 dente allo
- ourego
- aceite de oliva
- vinagre
- sal
Instrucións paso a paso
- Cortar os tomates en toros e dispor nun prato
- Picar o dente de allo moi miúdo e estendelo sobre o tomate.
- Empoar con ourego.
- Encima de cada porción de tomate, colocar un anaco de queixo e rematar cun anaco de anchoa.
- Aliñar con aceite, vinagre e sal, ao gusto.
- Pódese meter no forno uns minutos para derreter o queixo e servir ben quente. Neste caso, hai que ter coidado co sal porque o da anchoa faise máis intenso coa calor. Outra opción é poñer a anchoa cando ao sacala do forno
Nutrición
Calorías: 294.81kcal | Carbohidratos: 7.53g | Proteínas: 11.23g | Graxa: 25.08g | Graxa saturada: 8.5g | Colesterol: 38.3mg | Sodio: 2812.82mg | Potasio: 402.44mg | Fibra: 2.39g | Azucre: 3.5g | Vitamina A: 1362.68IU | Vitamina C: 17.84mg | Calcio: 286.59mg | Ferro: 1.79mg