Verduras en papillote ao vapor

Calories: 213.68kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 200 g champiñón
- 1 tomate grande
- 1 porro mediano
- 1 pemento verde pequeno
- 1 cenoria grande
- 2 cda aceite de oliva
- 1 dente allo
- sal
Instrucións paso a paso
- Nunha vaporeira, poñer a ferver un litro de auga. Mentres, preparar as verduras.
- Estender o tomate en toros nunha folla de papel de aluminio, formando unha cama.
- Estender o dente de allo picado e un chisco de sal sobre o tomate.
- A continuación, colocar o resto das verduras picadas bastante pequenas.
- Salgar e regar co aceite.
- Pechar ben o aluminio formando un paquete e poñelo na reixa da vaporeira, deixando que coza uns 30 minutos.
- Pódese servir no mesmo papel de aluminio.
Nutrición
Calorías: 213.68kcal | Carbohidratos: 18.75g | Proteínas: 5.31g | Graxa: 14.81g | Graxa saturada: 2.06g | Sodio: 1207.67mg | Potasio: 800.12mg | Fibra: 4.56g | Azucre: 8.72g | Vitamina A: 7651.04IU | Vitamina C: 52.25mg | Calcio: 57.51mg | Ferro: 2.03mg