Macarróns con queixo

Calories: 491.54kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 200 g macarróns
- 100 g queixo relado
- 1 cda maizena
- 1 cda manteiga
- 300 ml leite
- sal
- pementa
- aceite de oliva
Instrucións paso a paso
- Cocer os macarróns en moita auga salgada e un chorriño de aceite ata que estean “al dente”. Escoar e reservar
- Mentres tanto, facer a salsa. Nunha pota, derreter a manteiga e engadir a maizena, remexendo ata que estea ben combinada.
- Engadir o leite aos poucos e sen deixar de remover ata que espese un pouco.
- Condimentar con sal e pementa.
- Engadir a metade do queixo relado e agardar ata que estea completamente derretido.
- Mesturar os macarróns con esta salsa e poñela nunha fonte de forno.
- Cubrir co resto do queixo relado.
- Gratinar ata que o queixo estea dourado e derretido.
Nutrición
Calorías: 491.54kcal | Carbohidratos: 65.02g | Proteínas: 18.58g | Graxa: 16.7g | Graxa saturada: 8.15g | Graxa trans: 0.12g | Colesterol: 37.05mg | Sodio: 1026.28mg | Potasio: 250.14mg | Fibra: 1.73g | Azucre: 5.38g | Vitamina A: 427.98IU | Vitamina C: 0.03mg | Calcio: 376.45mg | Ferro: 0.97mg
