Empanada de polbo

Empanada de polbo

Prato: Aperitivo, Primeiro prato, Tentempé
Cociña: Galega
Keyword: empanada, polbo
Calorías: 598.33kcal

Preparación: 1 hour
Tempo de cocción: 30 minutes
Total Time: 1 hour 30 minutes
A receita de empanada galega é moi variada. Neste caso empregamos unha masa de fermento, o que implica a necesidade de deixala repousar para que suba. Para facela tamén empregamos unha Thermomix.
Persoas 6 persoas

Ingredientes

Recheo

  • 1000 g polbo cocido e cortado
  • 1 cebola grande
  • 2 cdña pemento doce
  • aceite de oliva

Masa

  • 500 g fariña de forza
  • 200 ml auga
  • 100 ml aceite de oliva de preparar o recheo
  • 25 g fermento de panadaría
  • 1 cdña azucre
  • 2 cdña sal

Instrucións paso a paso

Recheo

  • Saltear a cebola en abundante aceite de oliva.
  • Unha vez salteada, apagar o lume e engadir o pemento doce e o polbo cortado
  • Mesturar ben.
  • Escoar do aceite e reservar por separado porque necesitaremos 100 ml de aceite do recheo para preparar a masa.

Masa en Thermomix

  • Poñer no vaso a auga, o aceite usado para facer o recheo, a fariña e o sal.
  • Programar 1 minuto a 40º, velocidade 2
  • Engadir o fermento esmiuzado e a fariña
  • Programar 2 minutos e medio a velocidade espiga
  • Retirar a masa, formar unha bola e deixala repousar, tapada, durante aproximadamente un cuarto de hora.

Masa a man

  • Botar a fariña nun bol e facer un buraco no centro
  • Botar o azucre e o fermento esmiuzado na auga morna.
  • Verter a auga sobre o buraco da fariña e mesturar.
  • Engadir o sal e o aceite do recheo.
  • Amasar ata obter unha masa elástica.
  • Deixar repousar, cuberta, aproximadamente un cuarto de hora

Montaxe

  • Eliminar o aire da masa e dividir en dúas metades
  • Estirar unha das metades e poñela nunha fonte de forno
  • Estender o recheo e engadir un pouco de sal ao polbo
  • Estirar a outra metade da masa e cubrir o recheo.
  • Dobrar o bordo inferior sobre a parte superior.
  • Fai un buraco no centro da empanada a modo de cheminea
  • Pódense facer adornos coa masa sobrante.
  • Pintar con ovo batido
  • Enfornar a 200ºC durante 25-30 minutos.

Nutrición

Calorías: 598.33kcal | Carbohidratos: 66.98g | Proteínas: 35.41g | Graxa: 19.96g | Graxa saturada: 2.91g | Colesterol: 80mg | Sodio: 1164.34mg | Potasio: 724.28mg | Fibra: 2.77g | Azucre: 1.49g | Vitamina A: 580.26IU | Vitamina C: 9.21mg | Calcio: 107.49mg | Ferro: 9.99mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio