Xoubas con cachelos

Calories: 432.45kcal
As xoubas con cachelos son iguais ás sardiñas á prancha con cachelos,un dos pratos galegos máis típicos do verán. Ásanse nunha placa de ferro sobre as brasas e sempre fóra por mor do cheiro. Ao que non lle importe e teña cheminea ou lume de leña dentro de casa pode facelas no interior. Non é o meu caso porque vivo nun piso pero quen dixo medo?
Fíxenas, neste caso, xoubas limpas e sen escamas, con cachelos, cuxo cheiro é menos persistente. Como non é cuestión de prenderlle lume á cociña por unhas xoubas con cachelos, fíxenas nunha prancha eléctrica que produce o efecto máis semellante á calor das brasas sobre a prancha de ferro. Se este tipo de prancha non está dispoñible, pódense facer na tixola.
Ollo! non se usa aceite. Un consello: pechar todas as portas da casa e colocar ao máximo a campá extractora.
Para ver como se fan os cachelos, aínda que se explican no vídeo, remítoche á receita correspondente .
Por certo, estaban deliciosas!!
Servings 3 persoas
Ingredientes
- 500 g xouba
- 3 pataca
- sal groso
- 1 folla loureiro
Instrucións paso a paso
- Salgar as xoubas con sal groso e mantelas así durante unha ou dúas horas.
- Mentres tanto, facer os cachelos (ver receita) e mantelos quentes
- Unha vez que a prancha estea quente, sacudir o exceso de sal das xoubas e poñelas na prancha.
- Facelas 3-4 minutos por cada lado, dependendo do tamaño.
- Retirar e servir cos cachelos.
Nutrición
Calorías: 432.45kcal | Carbohidratos: 37.23g | Proteínas: 32.31g | Graxa: 17.7g | Graxa saturada: 0.06g | Colesterol: 63.33mg | Sodio: 12.79mg | Potasio: 1280.24mg | Fibra: 4.7g | Azucre: 1.66g | Vitamina A: 256.32IU | Vitamina C: 41.98mg | Calcio: 492.5mg | Ferro: 2.84mg
