Orella de mar ao natural

Calories: 102.31kcal
A orella de mar ou abalón (ten máis nomes pero estes son os máis coñecidos) é actualmente un dos mariscos máis apreciados. Hai en todas partes, en Galicia a haliotis tuberculata, pero a variedade máis apreciada é a xaponesa, a haliotis discus hannai. Esta variedade é a que se cultiva na ría de Muros-Noia nunha granxa GMA (Acuicultura Mariña Galega) e é a que empregamos nesta receita.
É un marisco cunha carne dura e correúda semellante á do polbo, polo que antes de cociñala hai que romper as fibras para facela comestible. Pódese utilizar para shashimi, ou facer con cocións curtas, ou cocións lentas a baixa temperatura.
Nesta receita, sendo a primeira vez que a preparaba e probaba, optei pola máis sinxela, unha cocción ao vapor. E deixeino ao natural para pescudar a que sabía O resultado en canto á coción foi correcto pero en canto ao sabor, bastante decepcionante. Non me soubo a nada. Pero isto é unha apreciación persoal, estou segura que noutras receitas estará moi rico. Simplemente non entendo como é tan apreciado un marisco que, por si só, non sabe a nada Esperaba que fose saboroso como calquera outro dos mariscos máis típicos de aquí e moito máis saborosos sen necesidade de aditamentos.
Servings 1 persoas
Ingredientes
- 1 orella de mar
- 1 folla loureiro
- sal
Instrucións paso a paso
- Coa axuda dunha culler ou espátula, retirar a carne da cuncha.
- Cortar a parte da gónada e lavar ben a orella de mar para eliminar a area que poida ter.
- Facer uns cortes en sentido vertical ao longo de toda a carne e logo en sentido horizontal para romper as fibras.
- Cocer ao vapor durante 3 minutos (engadir unha folla de loureiro á auga) e servir de inmediato, cuns flocos de sal.
Nutrición
Calorías: 102.31kcal | Carbohidratos: 0.07g | Proteínas: 17.01g | Graxa: 0.01g | Sodio: 0.02mg | Potasio: 0.53mg | Fibra: 0.03g | Azucre: 0.1g | Vitamina A: 6.19IU | Vitamina C: 0.05mg | Calcio: 348.83mg | Ferro: 69.04mg
