Empanada de polbo

Calories: 598.33kcal
A receita de empanada galega é moi variada. Neste caso empregamos unha masa de fermento, o que implica a necesidade de deixala repousar para que suba. Para facela tamén empregamos unha Thermomix.
Servings 6 persoas
Ingredientes
Recheo
- 1000 g polbo cocido e cortado
- 1 cebola grande
- 2 cdña pemento doce
- aceite de oliva
Masa
- 500 g fariña de forza
- 200 ml auga
- 100 ml aceite de oliva de preparar o recheo
- 25 g fermento de panadaría
- 1 cdña azucre
- 2 cdña sal
Instrucións paso a paso
Recheo
- Saltear a cebola en abundante aceite de oliva.
- Unha vez salteada, apagar o lume e engadir o pemento doce e o polbo cortado
- Mesturar ben.
- Escoar do aceite e reservar por separado porque necesitaremos 100 ml de aceite do recheo para preparar a masa.
Masa en Thermomix
- Poñer no vaso a auga, o aceite usado para facer o recheo, a fariña e o sal.
- Programar 1 minuto a 40º, velocidade 2
- Engadir o fermento esmiuzado e a fariña
- Programar 2 minutos e medio a velocidade espiga
- Retirar a masa, formar unha bola e deixala repousar, tapada, durante aproximadamente un cuarto de hora.
Masa a man
- Botar a fariña nun bol e facer un buraco no centro
- Botar o azucre e o fermento esmiuzado na auga morna.
- Verter a auga sobre o buraco da fariña e mesturar.
- Engadir o sal e o aceite do recheo.
- Amasar ata obter unha masa elástica.
- Deixar repousar, cuberta, aproximadamente un cuarto de hora
Montaxe
- Eliminar o aire da masa e dividir en dúas metades
- Estirar unha das metades e poñela nunha fonte de forno
- Estender o recheo e engadir un pouco de sal ao polbo
- Estirar a outra metade da masa e cubrir o recheo.
- Dobrar o bordo inferior sobre a parte superior.
- Fai un buraco no centro da empanada a modo de cheminea
- Pódense facer adornos coa masa sobrante.
- Pintar con ovo batido
- Enfornar a 200ºC durante 25-30 minutos.
Nutrición
Calorías: 598.33kcal | Carbohidratos: 66.98g | Proteínas: 35.41g | Graxa: 19.96g | Graxa saturada: 2.91g | Colesterol: 80mg | Sodio: 1164.34mg | Potasio: 724.28mg | Fibra: 2.77g | Azucre: 1.49g | Vitamina A: 580.26IU | Vitamina C: 9.21mg | Calcio: 107.49mg | Ferro: 9.99mg
