Empanada de raxo

Calories: 585.42kcal
Servings 6 persoas
Ingredientes
Recheo
- 500 g lombo de porco en filetes
- 1 cebola
- 1 pemento encarnado
- 1 cdiña pemento doce
- aceite de oliva
- sal
Masa
- 500 g fariña
- 150 ml auga morna
- 100 g aceite de oliva de preparar o recheo
- 50 g viño branco
- 20 g fermento de panadaría
- 1 cdiña sal
Instrucións paso a paso
RECHEO
- Nunha tixola con aceite sofrixir a cebola e o pemento encarnado cortados á xuliana.
- Cando estean feitos, retíranse do lume e déixase arrefriar o aceite o suficiente para poder engadir unha culleradiña de pemento doce sen queimalo.
- Escoar a salsa e reservar 100 g de aceite para facer a masa.
- Na mesma tixola fritir os filetes de lombo de porco previamente adobados con sal de allo. Incorpóranse ao rustrido e resérvase todo.
MASA
- Nunha cunca ponse o medio quilo de fariña e se fai un oco no medio.
- Dentro botánse a auga morna con sal, o aceite de preparar o recheo, o viño branco e o fermento desmiuzado.
- Mestúrase e trabállase todo ben ata que a masa se despegue fácilmente das máns .
- Formar unha bola. Cubrir cun pano e deixar repousar 20 minutos.
DOUGH (en Thermomix)
- Poñer no vaso 150 g de auga, 100 g do aceite do rustrido, 50 g de viño e 20 g de fermento.
- Programar 1 minuto / 40ºC / velocidade 2.
- Engadir a fariña e o sal e programar 2 minutos / velocidade espiga
- Sacar a masa do vaso e traballar á man para formar unha bola. Deixar repousar, tapada, durante 30 minutos.
MONTAXE
- Divídese a masa en dous metades que se estiran en forma rectangular.
- Nunha bandeixa de forno previamente engraxada con aceite e enfariñada (ou cuberta con papel de forno), colócase unha das metades da masa e sobre ela o recheo.
- Tápase coa outra metade e selase polos bordos dobrando a parte inferior sobre a superior, na que debe facerse, no medio, un buraco a modo de cheminea.
- Cos restos da masa pódense facer uns adornos.
- Píntase con ovo batido e métese no forno, con calor por arriba e por abaixo, a 200º durante 30 minutos.
Nutrición
Calorías: 585.42kcal | Carbohidratos: 67.5g | Proteínas: 28g | Graxa: 21.05g | Graxa saturada: 3.5g | Colesterol: 52.5mg | Sodio: 434.83mg | Potasio: 503.24mg | Fibra: 3.37g | Azucre: 1.95g | Vitamina A: 785.53IU | Vitamina C: 26.69mg | Calcio: 25.57mg | Ferro: 4.74mg
