Bonito con cebola ao viño

Calories: 452.8kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 800 g bonito
- 2 cebola
- 1 copa viño branco
- 1 folla loureiro
- aceite de oliva
- sal
Instrucións paso a paso
- Dourar a cebola, cortada á xuliana, en aceite de oliva. Salgar
- Unha vez dourada a cebola, salgar o bonito, engadilo á tixola e selalo.
- Engadir o viño branco e unha folla de loureiro.
- Cociñar de 15 a 20 minutos, dependendo do tamaño dos anacos de bonito, dándolles a volta á metade da coción.
- Retirar do lume e deixar repousar de 2 a 3 minutos.
Nutrición
Calorías: 452.8kcal | Carbohidratos: 6.88g | Proteínas: 47.33g | Graxa: 20.38g | Graxa saturada: 3.99g | Colesterol: 76mg | Sodio: 664.84mg | Potasio: 628.45mg | Fibra: 1g | Azucre: 2.91g | Vitamina A: 4382.56IU | Vitamina C: 4.19mg | Calcio: 36.6mg | Ferro: 2.49mg
