Flan de ovo

Calories: 187.23kcal
Servings 6 persoas
Ingredientes
- 6 ovo
- 75 cl leite
- 250 g azucre
- 1 rama canela
- azucre para caramelizar as flaneiras
Instrucións paso a paso
- Cócese o leite co pao de canela e un par de culleradas de azucre para que non se queime.
- O resto do azucre bátese cos ovos, ós que se lles engade, pouco a pouco, o leite xa cocido, coidando de non callar os ovos.
- Acaramélanse as flaneiras e énchense coa mestura preparada.
- Póñense ao baño maría a 180º durante 40-45 minutos. Para comprobalo pódense pinchar cunha agulla e, se sae limpa, os flans están callados.
Nutrición
Calorías: 187.23kcal | Carbohidratos: 46.73g | Proteínas: 0.54g | Graxa: 0.51g | Graxa saturada: 0.27g | Colesterol: 4.97mg | Sodio: 7.31mg | Potasio: 21.31mg | Fibra: 0.31g | Azucre: 46.22g | Vitamina A: 27.37IU | Vitamina C: 0.02mg | Calcio: 20.99mg | Ferro: 0.09mg