Tenreira galega asada

Calories: 443.74kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 300 g carne de tenreira
- 1 cebola
- 250 g viño branco
- allo en po
- sal
- aceite de oliva
- 200 g puré de patacas
Instrucións paso a paso
- Alíñase a carne co allo en pó e dourase a fogo moi vivo. Resérvase e sálgase fóra do lume.
- Nese aceite, refógase a cebola picada e, cando estea lista, incorpóraselle o vió branco para desengraxa-lo fondo da pota, axudando cunha culler de madeira.
- Bótase de novo a carne á pota, onde deberá cociñarse a lume suave ata que estea tenra (o tempo depende do tipo de carne e do tamaño dos anacos).
- Pode servirse acompañada de puré de patacas e guisantes ou cenorias.
Nutrición
Calorías: 443.74kcal | Carbohidratos: 32.01g | Proteínas: 32.39g | Graxa: 10.39g | Graxa saturada: 4.25g | Colesterol: 123mg | Sodio: 2495.33mg | Potasio: 1164.75mg | Fibra: 4.59g | Azucre: 10.11g | Vitamina A: 19219.1IU | Vitamina C: 23.72mg | Calcio: 89mg | Ferro: 2.64mg