Luras con pasta

Calories: 409.5kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- ½ kg luras
- 2 dentes de allo
- 4 cda aceite de oliva
- 1 cdiña sal
- 250 g espaguetes
- auga
Instrucións paso a paso
- Cocer a pasta en abundante auga con sal ata que estea "al dente". Escoar e reservar.
- Mentres, cortamos as luras en dados non moi grandes.
- Nunha tarteira con aceite póñense a dourar os dentes de allo fileteados. Cando empecen a se dourar engádense as luras, previamente sazonadas, e refóganse un ou dous minutos a lume forte.
- De seguido baixase o lume e déixanse facer lentamente, remexendo de cando en vez.
- Cando estean listas, engadimos a pasta que tiñamos reservada e refogamos todo xunto uns intres.
Nutrición
Calorías: 409.5kcal | Carbohidratos: 50.69g | Proteínas: 27.68g | Graxa: 9.67g | Graxa saturada: 1.58g | Graxa poliinsaturada: 1.74g | Graxa monoinsaturada: 5.35g | Colesterol: 291.25mg | Sodio: 640.35mg | Potasio: 449.07mg | Fibra: 2.01g | Azucre: 1.67g | Vitamina A: 41.3IU | Vitamina C: 6.03mg | Calcio: 54.46mg | Ferro: 1.71mg