Polbo en tinta con arroz

Calories: 574.23kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 250 g polbo cocido
- 250 g arroz
- 500 g caldo de cociñar o polbo
- 1 cdña pemento doce
- 1 tomate pequeno, pelado, relado ou triturado
- 2 dente de allo fileteado
- 8 g tinta de choco concentrada (2 bolsas)
- aceite de oliva
- sal
Instrucións paso a paso
- O primeiro é cortar o polbo cunhas tesoiras. Reservar.
- Na pota, dourar os dentes de allo fileteados en aceite.
- Cando o allo estea dourado, engadir o tomate. Coidado, salta moito. Engadir un chisco de sal e refogar, removendo, para que se evapore a auga.
- Engadir o polbo e as dúas culleradiñas de pementón. Remexer ben.
- Engadir o arroz e sofrixir un pouco para que quede solto.
- Incorporar o caldo coa tinta e remover para que quede ben repartida. Sazonar.
- Cocer, cuberto, ata que se evapore o caldo, aproximadamente 15-20 minutos.
Nutrición
Calorías: 574.23kcal | Carbohidratos: 106g | Proteínas: 28.29g | Graxa: 2.36g | Graxa saturada: 0.55g | Graxa poliinsaturada: 0.65g | Graxa monoinsaturada: 0.49g | Colesterol: 60mg | Sodio: 1459.95mg | Potasio: 724.15mg | Fibra: 2.58g | Azucre: 1.48g | Vitamina A: 1059.32IU | Vitamina C: 13.43mg | Calcio: 114.24mg | Ferro: 8.02mg
