Pan de xamón

Calories: 333.1kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 125 g leite
- 25 g manteiga
- 25 g azucre
- 15 g fermento de panadaría
- ½ cdiña sal
- 250 g fariña
- 50 g oliva verde sen óso
- 20 g alcaparras
- 6 liscos xamón serrano
- 6 liscos xamón cocido
- manteiga para untar
Instrucións paso a paso
- Nun cazo poñer a quentar o leite (sen que chegue a ferver) e desfacer nela a manteiga e o azucre. Deixar amornar un pouco.
- Mentres, nun bol, poñer a fariña e o lévedo desmiuzado e formar un volcán no medio.
- Botar o contido do cazo e amasar.
- Cando a masa estea lista, deixar repousar 5 minutos.
- Mentres, trocear as olivas.
- Estirar a masa fina, formando un rectángulo e pincelala con manteiga.
- Estender as lonchas de xamón sobre a masa, sen chegar aos bordes, e sobre o xamón, as olivas troceadas e as alcaparras.
- Pincelar con auga un dos bordes da masa (para poder selala) e comezar a facer un rolo dende o borde oposto, coma se fose un brazo de xitano.
- Poner o rolo sobre unha fonte de forno pintada de manteiga para que non se pegue, facerlle unhas marcas na superficie e pintalo de ovo.
- Deixar repousar, nun sitio cálido, ata que dobre o seu volume.
- Cando isto ocorra, volver a pintar de ovo e enfornar a 200º durante 25-30 minutos.
Nutrición
Calorías: 333.1kcal | Carbohidratos: 56.59g | Proteínas: 8.55g | Graxa: 7.88g | Graxa saturada: 4.12g | Graxa trans: 0.2g | Colesterol: 18.2mg | Sodio: 605.46mg | Potasio: 144.98mg | Fibra: 2.32g | Azucre: 8.04g | Vitamina A: 233.36IU | Vitamina C: 0.22mg | Calcio: 52mg | Ferro: 3.18mg
