Luras enceboladas con pemento verde

Calories: 733.14kcal
Receita de luras. Cocidas cunha salsa a base de cebola e pemento verde.
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 400 g luras limpas e troceadas
- 3 cebola medianas
- 3 pemento verde dos de fritir
- 4 pataca pequenas
- aceite de oliva para fritir
Instrucións paso a paso
- Dourar as cebolas cortadas á xuliana e cando estean listas engadir as luras, limpas e cortadas en anacos. Salgar.
- Cubrir a pota e cociñar as luras no seu propio zume durante aproximadamente 20 minutos.
- Cinco minutos antes de rematar engadir os pementos verdes picados.
- Pódense servir acompañadas duns cachelos.
Nutrición
Calorías: 733.14kcal | Carbohidratos: 89.25g | Proteínas: 41.38g | Graxa: 24.54g | Graxa saturada: 3.88g | Colesterol: 466mg | Sodio: 120.77mg | Potasio: 2476.89mg | Fibra: 13.32g | Azucre: 13.93g | Vitamina A: 736.55IU | Vitamina C: 232.11mg | Calcio: 160.81mg | Ferro: 5.08mg