Mexillóns gratinados

Calories: 348.66kcal
Servings 3 persoas
Ingredientes
- 1 kg mexillón
- ½ vaso viño branco
- 1 cebola pequena
- 1 pemento verde pequeno
- 2 tomate
- 1 folla loureiro
- 2 dente allo
- pan relado
- queixo relado
- aceite de oliva
- sal
- pementa
Instrucións paso a paso
- Poñer a quentar o viño cun anaquiño de loureiro e abrir nel os mexillóns.
- Coar e reservar o caldo.
- Retirar a metade da cuncha e colocar os mexillóns nunha fonte de forno.
- Nunha tixola poñer a sofritir os allos, a cebola e o pemento picados moi miúdos.
- A continuación engadir os tomates pelados e triturados e un anaco de loureiro.
- Sazonar con sal e pementa e deixar cocer uns cinco minutos.
- Incorporar o caldo dos mexillóns e deixar reducir un pouco.
- Verquer este prebe sobre os mexillóns, empoar con pan relado e/ou queixo relado e meter no forno uns minutos ata que estean gratinados.
Nutrición
Calorías: 348.66kcal | Carbohidratos: 17.14g | Proteínas: 25.78g | Graxa: 16.42g | Graxa saturada: 3.84g | Colesterol: 56.4mg | Sodio: 2221.26mg | Potasio: 831.5mg | Fibra: 1.99g | Azucre: 3.88g | Vitamina A: 980.03IU | Vitamina C: 44.25mg | Calcio: 189.11mg | Ferro: 7.68mg