Pan en cocotte

Calories: 364.01kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 180 g auga
- 20 g aceite de oliva virxe extra
- 15 g fermento de panadaría
- 350 g fariña forte
- 10 g sal
Instrucións paso a paso
- Poñer no vaso da Thermomix a auga, o aceite e o fermento. Programar 90 segundos / 40º / velocidade 3
- Engadir a fariña de forza e o sal e programar 2 minutos / velocidade espiga.
- Poñer a masa sobre unha superficie enfariñada e traballala á man durante 5 minutos.
- Darlle forma de fogaza, enfariñar e facerlle uns cortes na parte de enriba.
- Pintar a cocotte con aceite de oliva, poñer dentro a masa e tapala.
- Meter no forno frío, sen prequentar, e cocela durante 45 minutos a 220ºC
- Aos 40 minutos retirar a tapa e deixar completar o tempo no forno ata os 45.
- Sacar do forno e deixar arrefriar sobre unha reixa para evitar a humidade.
Nutrición
Calorías: 364.01kcal | Carbohidratos: 64.15g | Proteínas: 10.8g | Graxa: 6.52g | Graxa saturada: 0.91g | Sodio: 974.18mg | Potasio: 110.29mg | Fibra: 2.41g | Azucre: 0.27g | Vitamina A: 1.75IU | Vitamina C: 0.01mg | Calcio: 15.84mg | Ferro: 0.94mg
