Pescada en papillote

Pescada en papillote

Prato: Prato principal, Primeiro prato
Cociña: Española
Keyword: peixe, pescada
Calorías: 373.31kcal

Preparación: 20 minutes
Tempo de cocción: 30 minutes
Total Time: 50 minutes
Persoas 2 persoas

Ingredientes

  • 2 filetes pescada
  • 2 pataca en toros
  • 3 feixón verde troceadas miúdas
  • 1 porro troceado miúdo
  • 1 cenoria troceada miúda
  • 1 tomate en toros
  • aceite de oliva
  • sal
YouTube video

Instrucións paso a paso

  • Frixir as patacas cortadas en rodas finas.
  • Facer dous paquetes como se explica a seguir, reservando a metade dos ingredientes para cada un deles.
  • Estender unha folla grande de papel de aluminio, ou papel de forno, e sobre unha das súas metades colocar as patacas.
  • Por enriba das patacas poñer os tomates cortados en rodas e sobre estes o filete de pescada, que hai que sazonar.
  • Sobre a pescada poñer as verduras, finamente picadas, e regar todo cun pouco de aceite de oliva.
  • Dobrar a metade libro do papel sobre a que ten os ingredientes e pechar os bordes, coidando de que queden ben selados, formando un paquete.
  • Facer igual o outro paquete.
  • Enfornar a 200ºC ata que os paquete estean completamente inflados, momento no que o peixe xa estará listo.
  • Cortar a parte superior do papel e servir no mesmo paquete.

Nutrición

Calorías: 373.31kcal | Carbohidratos: 40.74g | Proteínas: 21.89g | Graxa: 14.46g | Graxa saturada: 2.03g | Sodio: 500.98mg | Potasio: 1366.27mg | Fibra: 6.01g | Azucre: 5.71g | Vitamina A: 5357.66IU | Vitamina C: 47.55mg | Calcio: 103.89mg | Ferro: 3.63mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio