Paspallás en adobo asados

Calories: 818.41kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 8 paspallás limpas
- ½ cebola
- 2 pemento verde
- 1 pemento encarnado
- 2 dente allo
- 1 sobre azafrán
- 1 vaso viño branco
- ½ vaso vinagre
- ½ vaso aceite de oliva
- perexil
- sal
- 400 g pataca
Instrucións paso a paso
- Salgar os paspallás e poñelos nunha pota.
- Poñer por enriba os allos, a cebola e os pementos, todos troceados, e o perexil.
- Engadir o azafrán, o viño branco, o aceite de oliva e o vinagre. Mover a pota para mestrurar ben o adobo.
- Deixar repousar no frigorífico durante 24 horas movéndoo de cando en vez.
- Ao día seguinte prequentar o forno a 200℃
- Colocar os paspallás nunha fonte de forno cun pouco do adobo.
- Enfornar durante 15 a 20 minutos.
- Mentres, dourar as patacas, cortadas en dados, e poñer a cocer o adobo.
- Engadir as patacas douradas ao adobo e deixar guisar todo xunto.
- Servir os paspallás coa gornición de patacas e adobo.
Nutrición
Calorías: 818.41kcal | Carbohidratos: 25.52g | Proteínas: 45.96g | Graxa: 53.58g | Graxa saturada: 11.17g | Colesterol: 165.68mg | Sodio: 131.85mg | Potasio: 1145.36mg | Fibra: 4.14g | Azucre: 4.64g | Vitamina A: 1768.14IU | Vitamina C: 121.81mg | Calcio: 63.12mg | Ferro: 10.33mg
