Pescada ao forno con xamón

Calories: 498.35kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 1000 g pescada en filetes
- 1000 g tomate
- ½ cebola
- 2 dentes allo
- 1 copa viño branco
- 1 grolo augardente
- 200 g xamón serrano
- aceite de oliva
- sal
Instrucións paso a paso
- Prequentar o forno a 180ºC
- Nunha tixola con aceite, sofrixir o allo e a cebola ben picados.
- A continuación, engadir os tomates pelados e triturados. Refogar uns minutos.
- Engadir o viño e o coñac. Cociñar de 8 a 10 minutos.
- Mentres, colocar a pescada, sazonada, nunha fonte untada con aceite de oliva, botarlle unhas pingas de viño branco e meter no forno.
- Engadir o xamón cortado en cubos pequenos á salsa e cociñar durante 3-5 minutos.
- Despois de 10 minutos no forno, retirar a pescada e botar a salsa sobre ela.
- Enfornar de novo durante 5-7 minutos.
Nutrición
Calorías: 498.35kcal | Carbohidratos: 12.57g | Proteínas: 55.72g | Graxa: 19.4g | Graxa saturada: 4.52g | Colesterol: 31mg | Sodio: 794.8mg | Potasio: 1708.86mg | Fibra: 3.18g | Azucre: 7.53g | Vitamina A: 2082.81IU | Vitamina C: 35.37mg | Calcio: 141.14mg | Ferro: 3.88mg
