Polo asado ao coñac con froitas secas

Calories: 505.83kcal
Servings 6 persoas
Ingredientes
- 1750 g polo
- 80 g coñac
- 100 g orellón
- 100 g ameixa pasa
- 100 g dátil
- 1 cdiña tomiño
- 1 cdiña ourego
- 1 cdiña pementa
- 1 cda sal de allo
- 1 cda manteiga de porco
- 1 grolo viño branco
- 1 cdiña romeu
Instrucións paso a paso
- Prequentar o forno a 190ºC
- Coa axuda dunha xeringa, inxectar o polo co coñac por todas partes. Sobrará coñac.
- Adobar con sal de allo, tomillo, ourego e pementa, sen esquecer o interior do polo.
- Untar a superficie do polo con manteiga de porco que aportará sabor e a graxa necesaria.
- Regar co resto do coñac.
- Enfornar durante 1 hora e cuarto aproximadamente.
- Logo de 40 minutos engadir as froitas secas: ameixas pasas, dátiles e orellóns (poden introducirse algunhas dentro do polo).
- Tapar con papel de aluminio para que non se queimen, nin as froitas nin o polo.
- Logo doutros 20 minutos, retirar o aluminio e continuar asando outros 15 ou 20 minutos ata que a pel estea dourada.
- Se é necesario, encender o gratinador, pero, nese caso, retirar as froitas para que non se queimen.
- Unha vez fóra do forno, retirar o polo e, sobre o lume, engadir un grolo de viño branco para desglasar a fornte.
- Botar os líquidos nunha tixola e deixar reducir para ligar a salsa.
- Presentar o polo nunha fornte xunto coas froitas e a salsa nunha salseira.
Nutrición
Calorías: 505.83kcal | Carbohidratos: 34.05g | Proteínas: 27.43g | Graxa: 26.34g | Graxa saturada: 6.08g | Graxa trans: 0.14g | Colesterol: 109.85mg | Sodio: 1264.82mg | Potasio: 698.24mg | Fibra: 4g | Azucre: 25.85g | Vitamina A: 945.64IU | Vitamina C: 2.78mg | Calcio: 47.7mg | Ferro: 2.38mg
