Roscón de Reis

Calories: 319.9kcal
Servings 10 persoas
Ingredientes
- 500 g fariña forte
- 25 g fermento de panadaría
- 80 g azucre
- 200 ml leite morna
- 2 ovo
- 1 cda auga de azar
- 1 reladura limón
- 100 g manteiga
- froita confeitada
- améndoa fileteada
- 2 cda azucre humedecido
Instrucións paso a paso
- Poñer a fariña nun bol e formar un oco no medio.
- Desfacer o fermento no leite que ha estar morno.
- Engadir o azucre á fariña e o leite co fermento. Mesturar un pouco.
- Logo engadir, por esta orde e mesturando ao mesmo tempo: os ovos, a auga de azar e a reladura do limón.
- Seguir mesturando ata que a fariña estea case completamente incorporada.
- Engadir a manteiga en anacos e amasar ata obter unha masa uniforme.
- Formar unha bola e deixar repousar, tapada, ata que dobre o seu tamaño.
- Amasar de novo, só para sacarlle o aire, formar o roscón e poñelo nunha fonte de forno.
- Pintar con ovo batido e deixar repousar nun lugar morno (pode ser no forno a 40º-50ºC) ata que dobre de novo o seu volume.
- Prequentar o forno a 200ºC
- Volver a pintar o roscón con ovo batido e decorar cunhas froitas confeitadas, améndoa fileteada e azucre humedecido.
- Enfornar a 200ºC durante 20 minutos.
Nutrición
Calorías: 319.9kcal | Carbohidratos: 48.16g | Proteínas: 8.02g | Graxa: 10.48g | Graxa saturada: 5.91g | Graxa trans: 0.33g | Colesterol: 56.24mg | Sodio: 94.36mg | Potasio: 106.34mg | Fibra: 1.41g | Azucre: 11.59g | Vitamina A: 330.87IU | Vitamina C: 0.13mg | Calcio: 38.14mg | Ferro: 0.7mg
